Friday 17 de May de 2024

Inés Rey recibe a Fernando Luis Fontes Blanco, director do Muncyt


A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá ao novo director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), Fernando Luis Fontes Blanco. Na xuntanza abordaron os retos de futuro do museo así como a posibilidade de colaborar en futuras ocasións.

A Coruña é sede do MUNCYT xunto con Alcobendas, sendo a única cidade situada fóra da comunidade de Madrid que acolle un museo estatal de ciencia. “Deséxolle a Fernando Fontes Blanco o mellor dos futuros á fronte do MUNCYT, un camiño onde poderá contar coa colaboración deste Goberno así como desta cidade, pioneira no impulso dos Museos Científicos cos que é hoxe un referente nacional” sinalou a alcaldesa.